martes, 30 de octubre de 2012

O BLOG COMO CANLE DE COMUNICACIÓN

O BLOG TAMÉN COMO CANLE DE INFORMACIÓN

Pretendendo que o blog tamén sirva como unha canle de comunicación, este curso, colgaremos nel todas as notas informativas que vos enviamos ás casas (xa sexan desde a dirección, as diferentes dinamización ou as nosas propias). Deste xeito, ante a posible perda dalgunha delas, sempre poderedes volver consultalas no blog.


AS MESTRAS

CIRCULAR DESDE A DIRECCIÓN DO CENTRO

INFORMACIÓNS VARIAS

1. Tal e como consta no Boletín Informativo enviado ao inicio do curso escolar, lembrámosvos que o vindeiro venres, 2 de novembro, non é lectivo, por celebrarse o DÍA DO ENSINO.

2. O alumnado que non chegue puntual, non poderá acceder ao centro ata as 9:50 horas. Non se abrirá a porta de acceso ata esa hora, absténdose os pais e nais de facer uso do timbre. A porta permanecerá aberta ata as 10:00 horas e unha vez pechada non se permitirá a entrada ata a hora do recreo. Queda excluído desta norma o alumnado que xustifique documentalmente  consulta médica.

3. O alumnado só poderá permanecer no recinto escolar, en horario de tarde, se está asistindo a algunha actividade extraescolares e sempre baixo supervisión do correspondente monitor/a.

Vigo, 29 de outubro de 2012

A DIRECCIÓN DO CENTRO

Imos celebrar o samaín e o magosto

     



 Proximamente imos celebrar dúas festas tradicionais: "o samaín" e "o magosto".
     

Para iso, quen o desexe pode participar na exposición de cabazas que terá lugar na entrada do colexio. As cabazas virán decoradas da casa e traeranse o luns día 5 de novembro.


     O magosto celebraremolo o martes 13 de novembro, e para iso cada neno ou nena traerá o luns 12 presiña de castañas xa chiscadas para asalas aquí.
Graciñas.

jueves, 25 de octubre de 2012

miércoles, 24 de octubre de 2012

Esta semana Hugo M  foi de vacacións a Irlanda e tróuxonos uns presentes incribles.
Os nenos e nenas de  catro anos queremos darlle as grazas porque cos regalos que trouxo o pasamos moi moi ben. Buscamos Irlanda nun mapa, falamos de comidas típicas, de bandeiras...
HUGO GRAZAS POR COMPARTIR A VIAXE CONNOSCO. Pasámolo fantástico e aprendemos moitísimo!

Bibliotecas escolares

HOXE FOI O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!! e para celebralo os nenos e nenas de 5º de Primaria baixaron ás aulas de 4 anos A e B e contáronnos dous supercontos. 


Moitas grazas por vir á nosa clase, encantounos!

domingo, 21 de octubre de 2012

Calendario escolar

Co fin de actualizar o blog imos incorporar documentos, correspondentes o inicio do curso, que desexamos séxanvos útiles.



Grazas
As mestras

TARDE AS SETAS



Estas non se poden comer
 Esta si !!!!!!! E un boletus e esta riquisima .....

Esta foi a nosa colleita ,non esta nada mal, verdade ?
Pero o mellor foi o ben que o pasamos

sábado, 20 de octubre de 2012

Cantar e bailar para ser mais feliz

Buenas, os pasamos el enlace de una presentación que seguro merece la pena por las personas que la hacen y la motivación y forma de hacerla.Copiad el enlace en el navegador.

http://editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=2061



"E así, este sábado, ás 18.30, na Casa do Libro, Uxía, Magín Blanco, Serginho Sales e outros membros da grandísima familia María Fumaça, subiranse ao escenario para cantar e bailar con todos e todas os que por alí queiran achegarse.
Estamos certos de que estamos diante dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Por moitos motivos. Por exemplo e como sinalabamos, pola nómina enorme de xentes da música galega que se uniron para cantar máis de vinte temas (cos seus correspondentes videos e karaoke) para celebrar a alegría de vivir. Mais tamén porque é unha defensa da vida fronte a discapacidade, que pode estar nos corpos pero nunca nas almas que queren gozar".

lunes, 15 de octubre de 2012

A Brujita Tapita

O próximo domingo día 21 terá lugar o evento "A Brujita Tapita".
Trátase  dun espectáculo musical, que se celebrará no auditorio do conservatorio do Castro.
Haberá dúas funcións ás 16:30 e 18:30h, e as entradas están á venda na libraría Libros para Soñar (no casco vello).
Para nenos de entre 2 e 8 anos.
Déixovos o cartel cos datos do evento.


lunes, 8 de octubre de 2012

Hola a todos,

O domingo 7 de outubro estivemos na actividade organizada polo Grupo de Anelamento ANDURIÑA para celebra-lo día mundial das aves 2012 en Punta Balea (Cangas). Durante esta xornada, recolléronse diversas especies para tomarlles medidas e anelalas, para despois ser ceivadas polos nenos.

Nas fotos podedes ver a Alicia cunha Curruca Capirotada, o seu pai cun Merlo, e máis un fermoso Martín Pescador azul.

Tamén deixamos para a clase o libro "O Espazo Natural de Punta Balea" co que o Grupo de Anelamento agasallou os nosos parrulos.















Un saúdo

jueves, 4 de octubre de 2012

Día das Aves 2012
http://grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com.es/

A vindeira fin de semana comeza unha nova edición deste importante evento organizado por BirdLife International a escala mundial e que en España coordina SEO/BirdLife, para dar a coñecer o apaixonante mundo das aves e os seus problemas de conservación. Este ano desenvolveranse máis de 300 actividades en toda España, unha delas a que agora che presentamos, na que participa o Grupo de Anelamento ANDURIÑA.

Por NOVENO ano consecutivo, o grupo de anelamento ANDURIÑA e máis a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) convidan ao público a participar nos actos do "Día Mundial das Aves". Repartirase entre os asistentes o libro editado polo noso grupo sobre o Espazo Natural de Punta Balea. A SEO facilitará material para repartir entre os participantes (pegatinas, posters, folletos informativos, etc.). Trátase dunha celebración moi especial que pretende festexar e difundir a rica variedade de aves que temos no noso país e en Punta Balea en particular.

Os actos serán a vindeira fin de semana: O domingo día 7 de outubro, desenvolverase o xa tradicional "Día das Aves" en Punta Balea (de 9:30 a 13:30), no tramo de costa comprendido entre a baleeira e a praia da Areamilla (cun punto de observación fixo nas inmediacións da lagoa). A elección deste lugar non é fortuíta senón que se trata do mellor lugar da Península do Morrazo (e un dos mellores da provincia) para a observación das aves, tanto polo número de especies presentes (unhas 140 ó longo do ano) como polo achegamento que permiten. Haberá varios postos de observación de aves nos que se poderán contemplar diversas aves acuáticas (na lagoa), mariñas (nas praias e mar) e terrestres (na costa). Ao igual que en anos anteriores, nenos e maiores poderán seguir con todo detalle as explicacións (teóricas e prácticas) sobre as migracións e o estudio das aves mediante o seu anelamento (marcaxe con anelas). Haberá telescopios a disposición do público, aínda que se recomenda que aqueles afeccionados que teñan prismáticos en casa veñan con eles. Esperamos acadar o éxito de edicións anteriores, nas que participaron varios centos de persoas.

Recoméndase a asistencia a primeiras horas, nas que as aves están máis activas (e sería máis doado observar un maior número de aves e especies) e, sobre todo, non deixalo para última hora do domingo, na que se produce a maior asistencia de público.