jueves, 30 de mayo de 2013

Tetro para escolares

Ola familias. 
 
     O luns que vén, día 3, temos unha nova excursión ao centro cultural García Barbón
     Esta vez trátase dunha divertida interpretación de teatro, para escolares de 4 anos, "Kri, kra, kro" de Teatro Paraíso. 
Teatro NIños Kri Kra Kro Zaragoza

    Necesitamos ter mañá asinada a autorización. Moitas grazas.
Pd.: O custo da excursión é de 2 euros e 50 céntimos que se sacarán dos 30 euros de material escolar polo que ningún neno terá que traer diñeiro.

lunes, 27 de mayo de 2013

IV CERTAME DE ARTE INFANTIL

Ola familias:

       Como nos anteriores trimestres continuamos desenvolvendo a arte que cada un levamos dentro. 
    Este trimestre a actividade céntrase na participación nun concurso promovido polo Concello de Vigo, o "IV Certame de Arte Infantil", que ten como fin a promoción da creatividade nas escolas e que vai dirixido a toda a Comunidade Educativa da nosa cidade. 








PD.: Os traballos pasarán a formar parte da Mostra que se levará a cabo na segunda quincena de xuño na Lonxa do Concello, pero antes de envialos procuraremos expoñelos no noso centro.



No II Festival Primavera do Cine en  Vigo celebrase unha sección infantil o sábado 1 de xuño pola maña.
A programación e os horarios podedes consultalos no seguinte enlace:
http://festivalprimaveradocine.com/


jueves, 23 de mayo de 2013

Visita ao supermercado GADIS!!!

VISITA AO SUPERMERCADO GADIS!!!


     O MARTES 28, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS, IMOS FACER UNHA PEQUENA EXCURSIÓN AO SUPERMERCADO GADIS DE ROSALÍA DE CASTRO. 
A IDEA É FIXARNOS VEN E COÑECER OS PEIXES QUE SE VENDEN NOS NOSO SUPERMERCADOS E APRENDER COMO DEBE SER UNHA ALIMENTACIÓN BOA E SAUDABLE. 

PD.: MAÑA ATENTOS ÁS MOCHILAS QUE VAN LEVAR A AUTORIZACIÓN.

lunes, 13 de mayo de 2013

MANUALIDADES: gotas de auga

    A semana pasada empregamos unha témpera especial para facer adornos para as ventás. Deixámosvos os pasos que seguimos para facer unha gota de auga.

Materiais: 
Un debuxo.
Plásticos e pinceis.
Témpera para ventás e un rotulador para poñer o noso nome.
E xa podemos comezar.
O RESULTADO
PD.: Esperamos que vos guste

domingo, 12 de mayo de 2013

Hoxe Alicia estivo na Aula da Natureza de Cabo Udra. Aquí a podedes ver xunto á imaxe dun fermoso golfiño. Ademáis tamén vos recomenda facelo percorrido polo sendero do Cabo, que ten unhas vistas impresionantes.


lunes, 6 de mayo de 2013

PROPIEDADES DA AUGA

SEGUNDO EXPERIMENTO DO TRIMESTRE: 
A QUE ULE A AUGA ...???


Comezamos o experimento:
Para chegar a unha conclusión antes é necesario que ulamos moitas cousas.

Ulimos a xabón Heno de Pravia.

Ulimos unha planta, a menta.

Ulimos froitas, amorodos e a laranxa.

Ulimos un cítrico, un limón.
     E agora imos xogar a adiviñar. Para iso imos taparnos os ollos, ulir e acertar.






     Ao final chegamos a conclusión de que o limón ule a limón, a laranxa desprendía olor a laranxa, a menta a menta e o xabón a xabón. Pero cando ulíamos a auga non ulíamos a nada.
XA QUE A AUGA É INODORA!!!

jueves, 2 de mayo de 2013

PROPIEDADES DA AUGA

PRIMEIRO EXPERIMENTO DO TRIMESTRE:
A AUGA É DE COR...???
Comezamos o experimento: Enchemos tres vasos con auga
  Imos botarlle unhas gotas de colorante alimenticio azul.
E agora imos comparar cun vaso de auga sen colorear.
Parece que non é azul! 
                                              Entón será vermella ou quizais amarela?
 Non o sei que lío. Será branca? 
Imos comparar!! 

A AUGA NON TEN COR É INCOLORA!!!